martes, 23 de junio de 2020

Dinamización intercentros con CEIP Xosé Fernández López!

Boas!!!
Como van esas vacacións!? Hoxe unha lembranda da última dinamización intercentros, celebrada a principios de marzo co CEIP Xosé Fernández López. Espero que vos guste!

lunes, 22 de junio de 2020

Bádminton na escola!

Bos días!
Hoxe un vídeo para lembrar unha das últimas xornadas de deporte escolar que tivemos este curso. Recordo especial para  alumnado de sexto. :)

viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso!!!

Parabéns a todos/as por ter superado este curso tan complicado, pero especialmente parabéns a Alba que está de aniversario!!! E o alumnado de sexto! O que se vos vai botar de menos! Estes días subirei algunhas fotos das últimas xornadas deportivas que tivéstedes.Agardo que vos gusten!
Apertas enormes para todos/as! 


martes, 16 de junio de 2020

Última semana do curso!

Bos días! 
Quedan só 4 días para rematar o curso! Parece mentira que xa levemos meses de teledocencia! Quería agradecervos a vosa participación e impliación das familias, sen vós non sería posible! Graciñas por buscar un oco entre as tarefas de outras asignaturas para enviar os vosos vídeos e fotos de Educación Física :)!
Sei que non foi sinxelo, moitos cambios en pouco tempo, e o fin e o cabo a educación física é unha asignatura difícil de realizar cando non implica realizar algún xogo cos vosos compañeiros/as. A pesar de todo iso, lográstedes realizar moitas das actividades de maneira brillante! Noraboa!
Esta semana xa vós quero deixar descansar das tecnoloxías, polo que só vos vou pedir unha última actividade e vouvos deixar unhas suxerencias de cara o verán.
Primeiro, un último cuestionario sobre estes meses de teledocencia, tentei facelo o máis breve posible. A min axudame a mellorar no meu traballo de cara o curso que ven, polo que agradezo que a cubrades sendo o máis sinceros/as posible. Deixo o enlace a continuación:

E por útlimo unhas recomendacións para seguir activos este verán, podedes engadir as vosas propostas en comentarios :)

Espero que teñades un verán xenial e volvades cas pilas cargadas, moitas grazas por estar do outro lado da pantalla esforzándovos por compartir as vosas actividades de EF; aínda que as veces as tecnoloxías nolo puxeran un pouquiño complicado. Sigo dispoñible no meu correo melisariveirogonzalez@gmail.com para o que precisedes!

UNHA APERTA ENORME!



Meli

lunes, 15 de junio de 2020

viernes, 12 de junio de 2020

Jumanji no CEIP Pluringüe Pena de Francia!

Bos días! 
Espero que vos guste! Fixéstedes un gran traballo! Moitas probas moi orixinais as que enviástedes! Se notades a falta dalgún dos retos inventados que me enviástedes estes días, por favor decídemo  por correo e modifico o xogo :) Bo fin de semana e festivo! Que o luns é o día da Rosa :)
Lembrade! Podedes ampliar o xogo a pantalla completa nos tres puntiños da dereita. Se non vos fora o xogo contactade conmigo e envíovos o enlace directo :)


jueves, 11 de junio de 2020

Lanzamentos de precisión!

Bos días!
Xa envíaches o teu reto!? Hoxe e o último día. Ata as 18.00h tes tempo de envíalo para que vaia incluído no xogo de Jumanji de mañá. Aquí vai algunha idea máis. Podedes incluír algún reto que teña lanzamentos de precisión con cousas que teñades pola casa. Que vos parece? 
Podedes probar co vídeo de hoxe e enviarmo se non queredes saír no xogo ou se vos apetece inventar o voso reto para participar en Jumanji! Revisade antes os retos que xa me enviaron e vou engadindo na entrada do luns do xogo Jumanji. Para que non se repitan demasiado. 
Estades enviando uns retos moi chulos! Noraboa! Lembrade explicalos no vídeo ou texto con foto. (en horizontal)



Hoxe temos de aniversario a....XIMENA!!! Parabéns!!!

miércoles, 10 de junio de 2020

Reto papel hixiénico en equilibrio!

Bos días!
Hoxe outro reto como exemplo dos que podedes crear vós para o xogo de Jumanji! Xa enviástedes o voso reto!? Lembrade vídeo ou foto (con explicación do reto por escrito) en HORIZONTAL. Antes do xoves para que poda montalo para que xoguedes o venres! Revisade os retos que xa me enviaron na entrada do luns para que non se repitan. 
Deste reto podedes porme en comentarios se lográstedes facelo ou se é moi difícil :) Ánimo!
Eu marcho para o cole! Pola tarde contesto aos correos que me enviedes durante a mañá !



Hoxe temos aniversario! Agora sí, Uxía! Lamento a confusión 😘

martes, 9 de junio de 2020

O reto da zapatilla!

Bos días,
Aquí vos vai un exemplo dos retos que podedes enviar ao meu correo. Este se queredes podedes enviarmo a modo de práctica de hoxe os que non queirades aparecer no xogo de Jumanji. Que vos parece?. Lembrade enviar os vosos propios retos en HORIZONTAL antes do xoves para poder montar o xogo :)
En comentarios podedes por se fostes capaces de realizalo.



lunes, 8 de junio de 2020

Retos para o xogo Jumanji!

Bos días!
Está semana estou facendo un xogo de taboleiro interactivo Jumanji! Nalgunhas casillas hai probas e gustaríame que vós forades os protagonistas! Para iso, podedes enviar un vídeo (en HORIZONTAL) explicando un reto que teña que ver con educación física. Outra opción é enviar unha foto (HORIZONTAL)  do reto cá explicación escrita no correo. Que vos parece? Na medida do posible ten que ser un reto que se podía facer con cousas que teñamos na casa é que se poida facer en pouco tempo.
Espero os vosos retos! O prazo para entregalo é o xoves a mañá para que poida subir os vídeos a tempo e podades xogar o venres. Que vos parece!?
Aquí vou por os retos que me van chegando para que non se repitan :)
- Reto de salto con ou sen comba de Uxía 2ºB
- Reto de toques con raqueta ou pala de Raúl 4ºA
- Reto de circuíto con cousas da casa de Uxía 6º
- Reto de circuito de bote ou control de balón co pé en zig-zag de Alba 2ºA
- Reto pau e flexibilidade de Uxía 3ºB e Ximena 1º
- Reto culler e ovo de Manuel 3ºA
- Reto ponte dende posición de pé de Carolina 6ºB
- Reto pino Emma 2ºB
- Reto tocar a cabeza cos pés tumbado boca abaixo de Lía 2ºB
- Reto cambiar de cadeira sen usar as máns de Martín 2ºB
- Reto xiro con perna cruzada de Ximena 1º
- Reto equilibrio con papel hixiénico de Xian (pendente en horizontal)
- Reto abdominais con zapatillas de Lía 2ºA
- Reto bote con patíns de Lola 2ºB


viernes, 5 de junio de 2020

Retos ca comba! A qué nivel es capaz de chegar!?

Bos días, 
Hoxe imos cuns retos de comba! Fixémolos en clase algún día, deberíades lembrar a maioría deles. Se tedes algunha pregunta sobre algún non dubidedes en preguntar! En comentarios podedes por ata que nivel chegades e podedes enviarme os vosos vídeos ao meu correo melisariveirogonzalez@gmail.com! Ánimo!

jueves, 4 de junio de 2020

Baloncesto, bote de balón!

Bos días!!!
Hoxe imos con uns exercicios de para mellorar o bote de balón. Primeiro quentamos cuns exercicios de coordinación e logo imos cuns exercicios para mellorar o bote. Lembrade que podedes enviarme os vosos vídeos a melisariveirogonzalez@gmail.com e en comentarios podedes por como foi a actividade. Ánimo!


miércoles, 3 de junio de 2020

Fútbol, maneiras de pisar o balón!

Bos días!
Hoxe imos cuns exercicios de fútbol, xa que é unha petición que fixestes a inicio de curso e quedounos pendente. Aquí tedes uns exercicios de menos a máis complexo sobre as diferentes maneiras de pisar o balón para controlalo. Podedes empregar algún balón que teñades por casa. Os máis pequenos podedes comezar conducindo o balón, parandoo de vez en cando pisandoo e facendo un zig-zag. Podedes comentar como vos foi e mandarme o vídeo dalgún exercicio a melisariveirogonzalez@gmail.com :)

martes, 2 de junio de 2020

Zumba cos Minions!

Bos días!!!
Hoxe imos bailar un pouco. Algúns de vós comentádesme que vos gusta facer zumba na casa. Pois hoxe hai vai unha coreografía ca música dos Minions. Espero que vos guste! A mover o esqueleto! 
Xa sabedes, podedes enviarme vídeos ou fotos das actividades ao meu correo melisariveirogonzalez@gmail.com. En comentarios podedes por que bailes vos gusta facer a vós, ou algún enlace dalgunha actividade con música que fagades: zumba, aerobic, hip-hop...
Ánimo :)

lunes, 1 de junio de 2020

Scape Room no CEIP Pluringüe Pena de Francia!

Bos días!!! 
Hoxe temos unha actividade especial, que levo preparando dende hai uns días, un scape room virtual! Gustaríame ter feito algún xogo de pistas polo cole, pero como non pode ser, esta é a proposta. Espero que vos guste! Lembrade entrar a dereita nos recadros de información (i) é personaxes (un ollo) , antes de premer nas probas, seguro que vos sona algunha cara :) . Podedes ampliar o xogo a pantalla completa nos tres puntiños da dereita, abaixo.
Atoparedes probas de matemáticas, observación, series con balóns e de normas básicas de seguridade vial ca bici! Que vexo que as estades sacando moito :) ! Sei que algunhas de mate son difíciles para os máis pequenos podedes botar man do comodín de irman/á maior /pais (pero SÓ os máis pequenos eh!) Sen trampas. Moita sorte! En comentarios podedes por que tal foi o xogo :)


Ah! Hoxe temos de aniversario a Mónica, parabéns!!!